Publicamos a nosa documentación institucional para avanzar con transparencia en 2026
Poñemos a disposición das entidades e da cidadanía as memorias, contas auditadas e documentos de planificación que recollen o traballo realizado e os retos para este novo exercicio.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
29-06-2026Despois da nosa Asemblea Xeral,
en FADEMGA publicamos novos documentos.
Nestes documentos explicamos:
- que fixemos durante o ano 2025,
- como usamos os cartos,
- e que queremos facer durante o ano 2026.
A nosa Confederación Plena inclusión,
tamén publicou os documentos
onde explican o traballo común
do movemento asociativo en España.
Podes consultar e descargar aquí os documentos:
- Memoria de Actividades 2025 de FADEMGA
- Plan de Acción 2026 de FADEMGA
- Memoria Económica 2025 e informe de auditoría de FADEMGA
- Memoria de actividades 2025 de Plena inclusión
- Contas 2025 e orzamentos 2026 de Plena inclusión
- Plan estratéxico de Plena inclusión
Con estes documentos queremos compartir información clara sobre o noso traballo e seguir avanzando con transparencia.

