VOCES 440
Datos Xerais:
Categoría: Comunicación
Publicado: 2019
Editorial: Plena inclusión España.Avenida General Perón, 32, 1º28020. Madrid.
Coordina: Fermín Núñez
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación
Descrición:
No noso número de verán contámosche algunhas das actividades e plans das nosas entidades nesta época estival, e algúns proxectos relacionados co lecer, o tempo libre e a cultura para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Ademais, ofrecemos información sobre as experiencias de toda España e varias internacionais, que foron seleccionadas para ir ao 2º Encontro de Prácticas Admirables de Plena inclusión, que terá lugar o Zaragoza os días 26 e 27 de setembro. Todas estas prácticas serán presentadas e explicadas no Encontro, que co lema «Ao contraxeito: construímos comunidades inclusivas», supón a maior cita de innovación do noso movemento asociativo.
Este número de VOCES conta con varias reportaxes: un deles analiza os talleres da Escola de Pensamento Libre para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e no outro, o responsable de Comunicación de Plena inclusión España, José Luis Corretjé, mergúllase en dous centros da asociación APADIS (Plena inclusión Madrid) para observar como funcionan as novas metodoloxías como o apoio activo, no fomento da autonomía das persoas con discapacidade intelectual e o respecto das súas decisións vitais.
Xunto a todo iso, tamén ofrecemos información doutro proxecto innovador, neste caso PDICIENCIA, que pretende achegar á cidadanía a cultura e o coñecemento científicos desde unha perspectiva inclusiva, a través dun programa audiovisual que utiliza as redes sociais como ferramenta de comunicación. O equipo deste proxecto está formado por un grupo paritario de persoas con e sen discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

