VOCES 437

Datos Xerais:

Categoría: Comunicación

Publicado: 2019

Coordina: José L. Corretjé y Fermín Núñez

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Comunicación

Descrición:

VOCES destaca no número de maio de 2019 temas tan interesantes como:

– Unhas eleccións inovidables: O 28 de abril, 100.000 persoas incapacitadas xudicialmente recuperaron o seu dereito ao voto. A campaña #MiVotoCuenta de Plena Inlusión, promovida desde todas as federacións, tivo un papel decisivo neste logro democrático.

– Oviedo acolle este mes o Encontro Estatal de Ética de Plena inclusión: Baixo o lema «Pensamos, Falamos, Actuamos», Plena inclusión, en colaboración con Plena inclusión Principado de Asturias, celebra os días 30 e 31 de maio en Oviedo, unha cita para a reflexión e o diálogo do Movemento Asociativo, co apoio de expertos que nos axudarán a marcar horizontes.

– Falemos de sexualidade e de discapacidade intelectual: A principios de abril celebrouse nas Palmas de Gran Canaria o primeiro Congreso Nacional de Sexualidade e Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. Organizado por Plena inclusión España e Plena inclusión Canarias, permitiu incidir sobre un tema fundamental na vida de todas as persoas.

– 300 persoas participaron na Feira virtual sobre Atención Temperá e Boa Vellez. Plena inclusión España organizou a finais de abril a primeira Feira Virtual de Atención Temperá, así como a Feira Virtual de Boa Vellez. Trátase de eventos que forman parte do proxecto de Transformación, que busca transformar organizacións e servizos que foron creados mirando só a discapacidade, en organizacións e servizos orientados e centrados en cada persoa, na súa calidade de vida e os seus dereitos.

Ademais, poderás atopar artigos de Maribel Cáceres; entrevistas con Scherehazade Moreno ou con Néstor Muriel; noticias de iniciativas das federacións de Plena inclusión e moito máis.