Voces 431
Datos Xerais:
Categoría: Comunicación
Publicado: 2018
Autoría: Red de Comunicación de Plena inclusión
Editorial: Plena inclusión España
Coordina: Javier López Iglesias
Financiación: Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación
Descrición:
Os apoios son importantes para todas as persoas. No caso das
persoas con necesidades máis complexas, estes apoios convértense nun
aspecto fundamental no seu desenvolvemento privado e a súa inclusión social.
Por iso, nos últimos anos, Plena inclusión comezou a explorar e a aplicar
diferentes metodoloxías de apoio dirixidas a estas persoas con máis
necesidades. Unha destas novas metodoloxías baseadas na planificación
centrada na persoa, é a de Apoio Activo, un modelo de traballo que
busca mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual
ou do desenvolvemento ao que, baixo o título «Non é o que fas, senón como o fas»,
dedicamos reportaxe no presente número.

