Voces 421

Datos Xerais:

Categoría: Comunicación

Publicado: 2017

Editorial: Plena inclusión España

Publicación para: familias , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Comunicación

Descrición:

O lecer é fundamental na vida de calquera 
persoa. A Convención da ONU sobre Dereitos das 
Persoas con Discapacidade no seu artigo 30 recoñece 
o «dereito das persoas con discapacidade a participar, 
en igualdade de condicións coas 
demais, na vida cultural», así como en «actividades 
recreativas, de esparexemento e deportivas», e 
a ter acceso aos servizos que ofrecen esas 
actividades. Agosto é, para moitas persoas, 
tempo de vacacións. Por iso este número dedica 
unha mirada especial ao lecer como dereito. Porque, 
como apunta o noso editorial, «ante e sobre 
calquera outra cuestión, o lecer é un dereito. E 
fundamental». Porque, como sinala Isabel Guirao, 
membro da UDS de Lecer de Plena inclusión nunha 
ampla entrevista: «Hoxe día é unha realidade e non 
se concibe o movemento asociativo sen a presenza 
do lecer como un dereito para todos»