Metodoloxía de Deseño para todos: Ferramentas para considerar as capacidades cognitivas

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: 2018

Editorial: Plena inclusión España

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva

Descrición:

A participación dos potenciais usuarios ou clientes nos procesos de deseño é un elemento 
desexable non só para os posibles destinatarios de espazos, produtos e servizos, senón tamén 
para as empresas e organizacións que os desenvolven ou xestionan. O enfoque participativo 
permite que as diferentes capacidades, motivacións, preferencias e necesidades das 
persoas sexan consideradas desde o inicio do proceso de innovación. Isto permite que os 
espazos, produtos e servizos desenvolvidos sexan máis viables desde o punto de vista do 
negocio e máis atractivos desde o punto de vista dos usuarios ou clientes. 
Neste documento preséntase unha Metodoloxía de Deseño para Todos considerando as 
capacidades cognitivas, que pretende axudar a organizacións, empresas e profesionais a identificar 
e desenvolver espazos, produtos e servizos inclusivos considerando as capacidades 
das persoas, en especial as capacidades cognitivas. É o resultado dun estudo, elaborado 
polo Departamento de Estudos e Investigación Social de ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade, 
iniciativa da Subcomisión de accesibilidade cognitiva do CERMI e financiado por Fundación 
ONCE, que contou coa colaboración de expertos en accesibilidade cognitiva, as 
asociacións de persoas con discapacidade e o Centro de Innovación en Deseño Industrial de Mondragon 
Unibertsitatea. 
Nas seguintes páxinas defínense os conceptos clave da metodoloxía, preséntase a súa 
estrutura, introdúcense algúns aspectos xerais sobre a participación dos usuarios, e explícanse 
 cada unha das fases e ferramentas que a compoñen. 
Para pechar o documento ofrécese un apartado de referencias e a listaxe de participantes no 
proceso de elaboración da metodoloxía. 
Para rematar, é importante sinalar que a metodoloxía non debe aplicarse como libro de receitas para 
todos os casos e grupos, senón que debe poder adaptarse de xeito flexible a cada caso 
individual.