Libro de Relatorios do IV Congreso Nacional de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: 2016

Publicación para: familias

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Familias

Descrición:

“Proxecto con familias, familias con proxecto” é o lema do IV Congreso Nacional 
de Familias de persoas con discapacidade que nos reúne en xuño de 2009 en Valencia. 
 
Pero o proceso de participación iniciouse hai xa algún tempo, cun Seminario 
celebrado a principios de outubro do ano pasado en Madrid, no que participaron 
familiares de las distintas comunidades. Dous eran os obxectivos principais: solicitar 
temas de interese para abordar no Congreso e reflexionar sobre como debía ser a 
participación das familias na preparación e celebración deste. 
A partir dese momento os coordinadores do Programa de Apoio Familiar das 
Federacións, que foron as persoas que coordinaron e dinamizaron de forma 
brillante este proceso de participación, promoveron a creación de espazos 
de reflexión nas entidades para que os familiares da súa comunidade autónoma 
puidesen traballar sobre algún dos tres grandes temas do Congreso: - - - -  
A familia no seu proxecto asociativo. 
A familia e o seu proxecto de vida. 
A familia no proxecto social. 
Ao finalizar a reflexión dos distintos grupos, cada Federación elaborou unhas 
conclusións a partir dos debates, opinións e achegas dos familiares; 
conclusións que, nalgúns casos, foron ratificadas novamente polas familias 
en Encontros e Xornadas organizadas para iso. 
Finalmente a coordinadora do P.A.F. a nivel estatal, refundiu as achegas neste 
documento no que se recolle o traballo de máis de 1.700 persoas do 
movemento asociativo FEAPS, sobre os tres temas dos relatorios. 
Tres temas sobre os que imos reflexionar e dialogar de forma máis ampla nestes 
días para que, entre todos, poidamos construír un proxecto compartido que 
nos permita avanzar de forma segura e firme cara á calidade de vida das 
persoas con discapacidade intelectual e la dos seus familiares.