Iniciativas para o emprego
Datos Xerais:
Categoría: Emprego
Publicado: Marzo 2024
Autoría: Servizo de emprego e formación de FADEMGA
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
A inclusión laboral en empresas
permítenos formar parte da comunidade
e converternos en membros de pleno dereito
da sociedade que queremos construir.
A inclusión laboral tamén mellora a nosa calidade de vida
a través da participación social e a autodeterminación.
O proxecto de emprego e formación de FADEMGA
facilita o acceso a un emprego
a todas as persoas con discapacidade intelectual que o desexan,
mediante a formación teórica e práctica
centrada en potenciar as súas habilidades.
Cada día son máis as empresas implicadas neste proxecto:
unha mostra da aposta pola inclusión social e laboral
das persoas con discapacidade intelectual.
Neste pequeno dossier podes coñecer con detalle
o noso servizo de emprego con apoio
así como os seus beneficios e vantaxes,
tanto para as persoas con discapacidade intelectual
como para a empresas empregadoras.