Informe do proxecto "Construimos comunidades accesibles" - Accesibilidade no barrio de O Carregal

Datos Xerais:

Categoría: Accesibilidade

Publicado: Decembro 2025

Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Coordina: Dolores Portela

Colaboran: Plena inclusión

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Calidade de vida

Descrición:

Poñemos á túa disposición

o informe completo do proxecto

Construímos Comunidades Accesibles.

 

Este proxecto fíxose en Galicia,

no barrio de O Carregal,

na vila de Betanzos.

 

Para que serve este proxecto?

Queremos facer barrios

máis fáciles de entender,

máis participativos

e mellores para todas as persoas.

 

Sobre todo, para as persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

 

Quen participou?

Traballou un equipo formado por:

- Persoas profesionais.

- Persoas con discapacidade intelectual

da Fundación Hospitalarias Betanzos.

- Persoas que coñecen ben o barrio

e que viven ou traballan alí.

 

Que fixo o equipo?

Este equipo estudou o barrio

e utilizou 3 ferramentas importantes:

- Mapeo Comunitario. Para saber como é o barrio.

- Escoita Comunitaria. Para saber o que pensa a veciñanza.

- Cocreación. Para facer propostas de mellora entre todas as persoas.

 

Que información recolle o informe?

O informe explica:

- Como é o barrio de O Carregal.

- Que cousas son boas.

- Que cousas se poden mellorar.

Por exemplo:

- A sinalización das rúas.

- A información nos edificios públicos.

- Os apoios para que as persoas

poidan orientarse mellor.

 

Todo isto é moi importante

para que a vida sexa máis doada

e máis accesible.

 

Un proxecto que constrúe comunidade

Este proxecto:

- Fortalece as redes entre as persoas.

- Fai que a xente participe máis.

- Mostra que os cambios importantes

comezan dende o máis próximo:

o teu barrio.

 

Se o barrio é máis inclusivo,

toda a veciñanza vive mellor.