Guía rápida de criterios e recursos sobre pictogramas. Accesibilidade cognitiva.
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2019
Autoría: Subcomisión de accesibilidad cognitiva de CERMI
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Este documento consensuado polo grupo de traballo sobre accesibilidade cognitiva
do CERMI pretende ser unha ferramenta que sente as bases para avanzar na
elaboración de criterios comúns en canto ao uso dos pictogramas. Trátase de conseguir
que o traballo de anos frutifique e dea lugar a criterios técnicos concretos
trasladables a normas técnicas e á lexislación.
Tamén se achegan algúns recursos que poden ser utilizados para atopar
pictogramas adecuados a cada uso.
E lémbrase, como elemento de apoio, a definición consensuada tamén de accesibilidade
cognitiva, como parte da accesibilidade universal:
Accesibilidade cognitiva é a característica das contornas, procesos,
actividades, bens, produtos, servizos, obxectos ou instrumentos que
permiten a doado comprensión e a comunicación.

