Guía de benvida ás familias
Datos Xerais:
Categoría: Familias
Publicado: Marzo 2024
Autoría: UDS de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia
Coordina: Moisés Lamigueiro
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Apoios , Familias , Asociacións
Descrición:
A participación das familias no movemento asociativo
é moi importante.
Todos os servizos de ofrece a federación e as asociacións
son posibles grazas a elas.
En FADEMGA coñecemos as dificultades
que teñen as nosas entidades federadas
para renovar os seus equipos directivos.
Por iso é importante coidar a chegada das familias
ás nosas asociacións.
Cunha benvida adecuada é máis fácil que no futuro,
as familias estén máis implicadas
e asuman máis responsabilidades.
Esta Guía ofrece algunhas pistas e orientacións
sobre como podemos dar a benvida ás familias
nas nosas asociacións.