Documento de referencia para formacións inclusivas no artigo 12
Datos Xerais:
Categoría: Xustiza
Publicado: 2018
Editorial: Plena inclusión España
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
Queridos lectores,
Gustaríanos centrar a atención nos recentes avances das nosas sociedades no campo
da discapacidade, concretamente, no paso do modelo baseado no interese superior á
perspectiva de “dereitos, vontade e preferencias” das persoas (con discapacidade). Non é
novo dicir que todos somos iguais en dignidade e dereitos. A novidade é a Convención
sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (en diante CDPD ou Convención) que
impón a obrigación aos estados de garantir que a igualdade en dereitos e dignidade sexa
unha realidade para toda a cidadanía.
En canto á igualdade, recoñecida na Convención, mantemos as seguintes posicións:
• A posición de que é tanto necesario como posible cumprir na práctica os
requisitos do Artigo 12 da CDPD, relativo ao Igual recoñecemento como persoa
ante a lei.
Iso significa facer posible que as persoas con discapacidade intelectual 1, que sufriron
danos cerebrais, con demencia, con problemas de saúde mental, etc.: - Poidan desfrutar da súa capacidade xurídica nas mesmas condicións que outras
persoas en todos os aspectos da vida. - Teñan acceso ao apoio que poidan necesitar no exercicio da súa capacidade
xurídica. - Estean seguras nas mesmas condicións no exercicio da súa capacidade legal. - Vivan de forma independente e sexan incluídas na comunidade (véxase Artigo
19 CDPD).
• A posición da toma decisións con apoio (diversidade, inclusión e participación).
Cremos que todas as persoas son diferentes, somos interdependentes e ninguén pode
decidir sobre nós sen nós. Somos capaces de tomar decisións se existe a
posibilidade de elixir entre polo menos dúas opcións. Algunhas decisións son máis difíciles que
outras. Entón necesitaremos o apoio -da nosa familia, amigos, compañeiros, veciños.
Se temos unha discapacidade quizá necesitemos apoio para ser oficialmente recoñecidos
ante a lei.

