Dificultades na escolarización de estudantes con DID, segundo as súas familias
Datos Xerais:
Categoría: Educación
Publicado: 2026
Autoría: ANTONIO MANUEL AMOR GONZÁLEZ, MIGUEL ÁNGEL VERDUGO ALONSO, VICTORIA CAROLINA SÁNCHEZ GÓMEZ, MARÍA ISABEL CALVO ÁLVAREZ Y NATALIA ALVARADO TORRES, del Instituto Universitario de Integración en la Comunidad (INICO). Universidad de Salamanca
Editorial: Plena inclusión España
Coordina: Plena inclusión España
Financiación: Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030 (X Solidaria) // Fundación ONCE
Publicación para: familias , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Educación
Descrición:
A construción de sistema educativo inclusivo con todo o alumnado, tamén con aquel con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, require da participación de toda a comunidade.
Neste sentido, as familias teñen un papel fundamental, pois son quen mellor coñecen as necesidades e aspiracións dos seus fillos/as. No entanto, a súa voz ás veces non se ten en conta. Ante esta situación, o obxectivo deste traballo é coñecer as principais barreiras que as familias perciben na escolarización dos seus fillos/as
con discapacidade intelectual e do desenvolvemento para xerar propostas que axuden na súa inclusión.

