Acceso á xustiza: axustes de procedemento para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Datos Xerais:

Categoría: Lexislación

Publicado: 2019

Autoría: Inésde Araoz:Asesora Jurídica de Plena inclusión España.

Editorial: Plena inclusión España.Madrid. Diciembre 2018.Avda.GeneralPerón, 32-1º.28020 Madrid.info@plenainclusion.orgwww.plenainclusion.orgEsta obra tiene licencia Creative Commons.Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada (by-nc-nd)No se permite un uso comercial

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Participación

Descrición:

O acceso á xustiza é un principio básico do Estado de Dereito. Trátase dun instrumento esencial para facer valer os demais dereitos humanos, para restablecer dereitos, resarcir ás vítimas, recoñecer á persoa e facer fronte á discriminación. O dereito de acceso á xustiza constitúe unha concreción inmediata do dereito á tutela xudicial efectiva que proclama e garante o artigo 24 da Constitución Española, así como o artigo 6 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. O acceso á xustiza inclúe un acceso aos tribunais en igualdade de condicións e a igualdade ante estes. A garantía deste dereito é, ademais, fundamental para combater a marxinación social e económica.