Accesibilidade cognitiva no transporte. Barreras e facilitadores para a orientación e comprensión dos espazos do metro, desde a perspectiva de usuario
Datos Xerais:
Categoría: Accesibilidade
Publicado: 2018
Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva
Descrición:
O documento contén toda a información sobre o deseño, o desenvolvemento e os resultados dun estudo que tivo como obxectivo o reflexionar sobre as barreiras e os facilitadores que proporcionan os espazos destinados ao transporte de metro convencional, para que calquera persoa poida comprendelos e orientarse, de forma que realice o percorrido con efectividade e comodidade. Ademais, poden atoparse diferentes conclusións xerais para ser tidas en conta na mellora da accesibilidade cognitiva doutros ámbitos.
Para realizar o estudo utilizáronse as instalacións de Metro de Madrid, o que permitiu tamén o realizar, onde fose interesante, algunha proposta puntual de actuación encamiñada a incrementar os niveis de comprensión dos espazos analizados.
Este estudo enriqueceuse coa observación de como interactúan diferentes persoas coas instalacións do metro, durante a realización dun percorrido previamente seleccionado. Así, entre outras, participaron persoas con dano cerebral adquirido, persoas maiores, persoas estranxeiras e persoas con discapacidade intelectual.

