«Concilia con Tradición»

Saídas para celebrar Samaín e Magosto.

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organiza o programa Concilia con Tradición.

Este programa ofrece 2 saídas

para gozar das tradicións galegas:

- Samaín

- Magosto.

 

Durante estas saídas,

as persoas participantes

poderán facer actividades,

e compartir uns días fóra da casa.

As familias e as persoas que as coidan

poderán ter tempo para descansar.

 

Quen pode participar?

Persoas con discapacidade intelectual

que formen parte dunha entidade de FADEMGA.

 

Cando e onde serán as saídas?

Saída de Samaín - Do 29 de outubro ao 1 de novembro

Saída de Magosto - Do 10 ao 13 de novembro.

 

Como podes solicitar unha praza?

Se ti ou a túa familia tedes interese,

falade coa vosa entidade.

A entidade recollerá as peticións

e enviará a solicitude de todo o grupo

a este correo electrónico: familias@fademga.org

O último día para presentar as solicitudes é o 15 de outubro.

 

Onde podes consultar máis información?

Nestes documentos podes consultar as condicións para participar,

os documentos que hai que presentar

e as actividades de cada saída:

- Información completa de Concilia con Tradición

- Programa da saída "Samaín"

- Programa da saída "Magosto"