"Xornada sobre discapacidade intelectual e a saúde mental": Unha mirada integral ao envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

Organizada por ASPANANE coa colaboración de FADEMGA Plena inclusión Galicia, terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Hospital da Mariña (Burela)

"Xornada sobre discapacidade intelectual e a saúde mental": Unha mirada integral ao envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

A asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia,

organizamos unha nova edición da

Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental

dirixida a profesionais, familias e público en xeral,

co obxectivo de aprender e promover unha reflexión

sobre o proceso de envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

e o tipo e atención que precisan. 

 

O encontro terá lugar o 7 de febreiro

no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela),

e nel compartiremos experiencias e boas prácticas

para o acompañamento e coidado

das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento

en todas as etapas da vida.

 

Entre as poñencias que poderemos escoitar destacan

a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade intelectual,

os retos asociados a atención do colectivo

ou aspectos clave para a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual entre outras. 

 

Aquelas persoas interesadas en participar,

podedes achegarnos a vosa inscrición a través deste formulario

 

O prazo para inscribirse está aberto ata o 31 de xaneiro. 

e a inscrición é gratuíta ata completar aforo. 

 

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA DA XORNADA. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.