Xa podes inscribirte en ‘Soster para avanzar’, unha xornada na Coruña sobre sostenibilidade organizacional

Claves para avanzar cara a unha organización máis sostible: gobernanza, aprendizaxe, coidado das persoas e dos equipos, calidade, innovación, alianzas e economías coherentes coa nosa misión.

Xa podes inscribirte en ‘Soster para avanzar’, unha xornada na Coruña sobre sostenibilidade organizacional

Plena inclusión abre o prazo de inscrición para a xornada «Soster para avanzar».

A xornada está organizada por

Plena inclusión España

e por FADEMGA Plena inclusión Galicia.

 

Celebrarase o 24 de setembro de 2026

De 10.00 a 18.00 horas

No Paraninfo da Universidade da Coruña

 

Podes consultar o programa nesta ligazón.

 

Un espazo para compartir e aprender

Nesta xornada, persoas de diferentes entidades

compartirán ideas, experiencias e coñecementos.

O obxectivo é aprender

como facer que as organizacións de Plena inclusión

sexan máis fortes e sostibles.

 

Durante a xornada falarase destes temas:

- Como tomar boas decisións nas entidades.

- Como crear organizacións que aprenden e melloran.

- Como coidar as persoas e os equipos de traballo.

- Como mellorar a calidade dos servizos.

- Como usar a innovación e a tecnoloxía.

- Como colaborar con outras organizacións.

- Como xestionar o diñeiro de acordo cos valores da entidade.

 

Tamén se presentarán boas prácticas de diferentes entidades de Plena inclusión.

As boas prácticas son experiencias que funcionaron ben

e poden servir de exemplo.

 

A xornada ten 250 prazas.

As prazas entregaranse segundo a orde de inscrición.

Podes inscribirte nesta ligazón: https://www.plenainclusion.org/l/asistencia-sostenibilidad-2026/

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.