Volve o proxecto "Aténdeme-Enténdeme"
Unha iniciativa chamada a mellorar a atención nas consultas sanitarias
FADEMGA Plena inclusión Galicia
01-07-2024O proxecto "Aténdeme-Enténdeme"
abre o prazo para participar nunha nova edición!
"Aténdeme-enténdeme" é unha iniciativa
para mellorar a atención en consulta
das persoas con discapacidade intelectual.
O proxecto xa se puxo en amrcha
nos centros de saúde de:
- Carballo,
- Viveiro,
- Carballiño,
- Lérez,
- La Peregrina
- Coia,
- No centro médico de Lalín
- No centro de atención primaria de Burela.
Pero queremos seguir crecendo!
Agora abre un un novo prazo de inscrición
tanto para aquelas entidades que aínda non participaron,
como para aquelas que xa participaron pero queren repetir.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de xullo.
Nesta ligazón podedes descargar a ficha de incrición
e enviala cuberta e asinada polas persoas participantes
a: areasocial@fademga.org
CÓMO PARTICIPAR?
Para empezar, debes formar un grupo na túa entidade
formado por 3 perfís:
- Unha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
- 1 familiar
- 1 profesional de apoio
SESIÓN DE TRABALLO
O día 20 de setembro realizaremos unha sesión de traballo na Federación
con todas as persoas interesadas en colaborar no proxecto.
Na sesión aclararemos en que consiste o proxecto,
como levar a cabo as accións de sensibilización
e faremos prácticas de como falar en público.
Nesta ligazón podes descargar un pequeno dosier
coa explicación do proxecto e os seus obxectivos.
Animádevos a formar parte do cambio!

