Parentalidade positiva

Formación e autoavaliación en boas prácticas en parentalidade positiva

Parentalidade positiva

A Parentalidade Positiva é un enfoque que enmarca todo o traballo que se realiza coas familias. Implica unha mirada diferente desde o bo trato e a promoción das competencias parentais que promovan o exercicio positivo da parentalidade e está en liña co enfoque centrado en familia. Por iso, é moi relevante que aquelas persoas que traballen con familias se autoavalíen e inicien este proceso de cambio para contar cun servizo, con profesionais e programas que promovan o exercicio positivo da parentalidade.

Plena inclusión España quere promover en todas as súas Federacións a formación e adopción deste enfoque da Parentalidade Positiva.

Se estás interesado/a en participar neste novo proxecto, envianos o teu interese a familias@fademga.org antes do vindeiro 20 de febreiro. 

Nesta ligazón podes coñecer con detalle en que consistirá o proxecto. 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.