“O futuro é hoxe”: chega o 24º Encontro Autonómico de Persoas Autoxestoras
O lema deste ano reivindica o dereito das persoas con discapacidade intelectual a tomar as súas propias decisións
FADEMGA Plena inclusión Galicia
09-09-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
organiza un novo encontro de persoas autoxestoras.
As persoas autoxestoras son persoas con discapacidade intelectual
que participan e toman decisións sobre a súa propia vida.
O lema deste ano é:
O futuro é hoxe: decidindo a nosa vida.
Cando e onde será?
O encontro será o venres 30 de outubro.
Será no restaurante Los Robles,
que está en Montouto.
Participarán persoas de entidades de toda Galicia.
Este é o encontro número 24.
Neste encontro poderás:
- Coñecer outras persoas.
- Compartir experiencias.
- Aprender cousas novas.
- Dar a túa opinión.
- Falar de temas importantes para a túa vida.
Que faremos pola mañá?
Pola mañá haberá 2 charlas.
A primeira charla explicará
como crear un grupo de participación
de persoas con discapacidade intelectual.
A segunda charla falará sobre o envellecemento.
Falaremos dos cambios que poden aparecer coa idade.
Tamén falaremos dos apoios que podemos necesitar.
Que faremos pola tarde?
Pola tarde haberá 4 obradoiros.
Os obradoiros serán ao mesmo tempo.
Cada obradoiro tratará un tema diferente:
- Resolver conflitos.
- Redes sociais e intelixencia artificial.
- Sexualidade.
- Ocio inclusivo.
Como podes participar?
Se queres participar, consulta aquí o programa completo.
No programa atoparás:
- Como facer a inscrición.
- Os datos de contacto.
- A información que necesitas.
Podes enviarnos a túa inscrición ata o 29 de setembro.
Quen financia esta actividade?
Esta actividade recibe cartos da Xunta de Galicia. Os cartos proceden da parte dos impostos destinada a fins sociais.
Esta parte é o 0,7%. Isto significa 7 de cada 1.000 euros.
As persoas poden apoiar estes fins sociais cando fan a declaración da renda.
Para facelo, marcan o recadro de Fins Sociais, tamén chamado X Solidaria.

