Impulsamos unha nova edición da Escola do Querer baixo o lema “O meu si”

Aprender a quererse ben para construír relacións libres e sen violencia

Impulsamos unha nova edición da Escola do Querer baixo o lema “O meu si”

FADEMGA Plena inclusión Galicia

pon en marcha unha nova convocatoria

da Escola do Querer,

un espazo seguro e estable

no que un grupo de mulleres

se reúne para aprender, compartir e reflexionar

sobre como construír relacións afectivas e sexuais saudables,

libres e sen violencia.

 

Este ano, a Escola preséntase baixo o lema “O meu si”,

unha mensaxe clara que reivindica o dereito de cada muller

a decidir sobre o seu corpo, os seus vínculos

e as experiencias que desexa vivir.

 

Un espazo para falar de afectos, desexo e dereitos

A través de dinámicas participativas

nas cinco sesións de formación e educación sexual

trabállanse cuestións como:

- O respecto e o bo trato

- O consentimento

- Os límites persoais

- O desexo

- A autoestima

 

Inscricións, prazos e información

Aquelas entidades interesadas en participar, debedes cubrir este formulario

O prazo para amosar interese remata o 13 de marzo.

Neste dosier podedes atopar toda a información sobre a actividade. 

Se tedes calquera dúbida sobre a actividade, podedes contactarnos chamando ao 981 51 96 50 ou escribindo a areasocial@fademga.org 

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.