Formación en liña sobre Planificación Persoal por Adiantado

Un curso destinado a promover apoios de calidade e futuros inclusivos.

Formación en liña sobre Planificación Persoal por Adiantado

Imos comezar un curso novo

para profesionais que traballan

con persoas e para persoas

que coordinan programas ou servizos.

O curso é sobre Planificación Persoal por Adiantado.

 

A Planificación Persoal por Adiantado

é unha forma de traballar

que pon no centro os desexos e necesidades

de cada persoa.

 

Este curso está pensado para ti

se queres ser facilitador ou facilitadora

destes procesos de apoio.

 

Como facilitador ou facilitadora

axudarás ás persoas a decidir

como queren que sexa a súa vida no futuro.

 

Así construímos xuntas e xuntos

unha vida máis inclusiva e con sentido.

 

A quen vai dirixido

Este curso está pensado para:

Persoas que traballan en entidades

de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Entidades que participan moito

nas actividades de FADEMGA.

 

Datas e duración

O curso dura 32 horas.

Comeza o 1 de outubro de 2025

e remata o 31 de outubro de 2025.

 

Persoa formadora

O curso será impartido por:

Ángeles Baldonedo Taboada.

É a directora da asociación ASPADEZA,

en Lalín.

 

Que aprenderás?

Durante o curso poderás:

Entender ben que é

a Planificación Persoal por Adiantado.

Saber como facer de facilitador ou facilitadora

destes procesos de apoio.

 

Máis información

Podes descargar aquí

o programa do curso completo.

 

Como inscribirse

Podes inscribirte ata o 19 de setembro.

Fai clic aquí para cubrir o formulario.

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.