Formación para familias sobre sexualidade e relacións

Un espazo para resolver dúbidas e aprender a acompañar respectando a intimidade e as decisións de cada persoa.

Formación para familias sobre sexualidade e relacións

En FADEMGA Plena inclusión Galicia organizamos unha formación

para familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Falaremos sobre como apoiar o teu familiar

nas súas relacións e na súa sexualidade.

A formación será por internet os días 23 e 30 de novembro.

Podes consultar aquí o programa da formación.

 

Que vas aprender?

Nesta formación falaremos sobre:

- As relacións con outras persoas.

- As relacións de parella.

- A sexualidade.

- O uso das redes sociais.

 

Aprenderás a apoiar o teu familiar

respectando os seus dereitos e as súas decisións.

Tamén falaremos de como respectar a súa intimidade.

Respectar a intimidade significa, por exemplo,

respectar os momentos nos que quere estar só ou soa.

Tamén significa respectar a información persoal

que quere gardar para si.

 

Quen dará a formación?

A formadora será Cinthia Romero Muñiz.

Cinthia é educadora social e sexóloga.

Unha sexóloga é unha profesional con formación sobre sexualidade.

Cinthia é responsable de Acende.

Acende é o servizo de FADEMGA

que ofrece apoio sobre sexualidade.

 

Cando será a formación?

A formación terá 2 sesións.

Cada sesión será nun día distinto.

Para cada día podes escoller entre o horario de mañá

e o horario de tarde.

 

O primeiro día será o 23 de novembro:

- Pola mañá: de 11:00 a 12:30.

- Pola tarde: de 16:30 a 18:00.

 

O segundo día será o 30 de novembro:

- Pola mañá: de 11:00 a 12:30.

- Pola tarde: de 16:30 a 18:00.

 

Cando te inscribas, escolle 1 horario para cada día.

 

Onde será a formación?

A formación será por internet.

Usaremos a aplicación Teams.

 

Como podes inscribirte?

Para participar tes que cubrir este formulario de inscrición.

O último día para inscribirte é o 13 de novembro.

Ese día tamén podes inscribirte.

Só aceptaremos inscricións a través do formulario e dentro deste prazo.

 

Como saberás se tes praza?

A partir do 17 de novembro enviarémosche un correo electrónico

para confirmar se tes praza.

 

Anímate a participar!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.