Curso sobre prácticas restritivias

Claves para entendelas e reducir o seu uso

Curso sobre prácticas restritivias

FADEMGA Plena inclusión Galicia

organiza un novo curso gratuíto.

O nome do curso é:

“As prácticas restritivas.

Detección e claves para a súa redución”

É unha formación en liña.

Poderás facela desde calquera lugar,

a través de internet.

 

A persoa que da o curso

chámase Laura Garrido Marijuán.

Ten moita experiencia

en dar apoios centrados na persoa.

 

CANDO SE FAI O CURSO?

Do luns 9 de febreiro

ao luns 30 de marzo de 2026.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Está pensado para:

- Persoas profesionais.

- Familias que apoian a persoas

con condutas que preocupan

ou con moitas necesidades de apoio.

 

PARA QUE SERVE O CURSO?

O curso quere:

- Axudar a entender como afectan as prácticas restritivas

ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

- Cambiar a forma de ver os apoios.

- Menos asistencialismo, máis respecto e dereitos.

- Poñer en práctica valores que respectan ás persoas.

- Buscar outras maneiras de apoiar, sen usar restricións.

- Ensinar ferramentas reais

para facer un plan que reduza o uso destas prácticas.

Este plan pode ser individual

ou para unha organización.

 

COMO PODES INSCRIBIRTE?

O prazo para inscribirte

é do 19 ao 29 de xaneiro de 2026.

Nestas ligazóns podes: 

- Descargar o programa do curso. 

- Realizar a túa inscrición. 

 

Unha vez pechado o prazo,

FADEMGA dirache se estás admitido ou admitida.

Enviarémosche unha mensaxe

ao teu correo electrónico.

Por iso, é importante que poñas ben

o teu correo eletrónico

na solicitude.

 


* Esta formación é gratuita

grazas á financiación do Ministerio de Dereitos Sociais,

Consumo e Axenda 2030.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.