Abierta la inscripción en el Encuentro Autonómico de Mujeres con discapacidad intelectual

A xornada combinará contidos sobre saúde e coidados cun espazo de reflexión profesional arredor do acompañamento á sexualidade e do exercicio de dereitos.

Abierta la inscripción en el Encuentro Autonómico de Mujeres con discapacidad intelectual

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

abrimos o prazo de inscrición para unha nova edición

do Encontro Autonómico de Mulleres con discapacidade intelectual.

 

O encontro será o 22 de setembro

na Cidade da Cultura de Galicia,

en Santiago de Compostela.

O lema deste ano é: **Xuntas para coidarnos**

 

O encontro terá 2 espazos diferentes:

- Un espazo só para mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

- Un espazo para profesionais que apoian a sexualidade

das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

 

UN ESPAZO PARA FALAR DE SAÚDE E COIDADOS

Queremos ofrecer información accesible

sobre a saúde das mulleres.

Tamén queremos crear un ambiente de confianza

para que as participantes poidan:

- Falar con liberdade.

- Compartir experiencias.

- Coñecer mellor o seu corpo.

- Resolver as súas dúbidas.

 

Durante a xornada falaremos sobre:

- O ciclo menstrual.

- Os mitos e as falsas crenzas sobre a menstruación.

- Os cambios no corpo das mulleres.

- A menstruación e a menopausa.

- A alimentación e a saúde das mulleres.

- A prevención de enfermidades.

- O benestar e o coidado da saúde.

 

Este espazo terá 35 prazas.

4 destas prazas estarán reservadas

para mulleres en risco de exclusión social.

 

Cubre aquí o formulario de participación.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.