Jornada sobre sostenibilidade das organizacións
Plena inclusión España e FADEMGA Plena inclusión Galicia reunirán o 24 de setembro a profesionais e responsables de organizacións de toda España para compartir coñecementos, estratexias e prácticas exemplares
FADEMGA Plena inclusión Galicia
16-09-2026A Universidade da Coruña acolle unha xornada
o 24 de setembro.
O horario será de 10 da mañá a 6 da tarde.
O título da xornada é:
Soster para avanzar: aprendizaxes e estratexias
para a sostibilidade das organizacións
de Plena inclusión.
Plena inclusión España e FADEMGA
organizan esta xornada.
De que falará a xornada?
A xornada servirá para compartir experiencias
e boas prácticas.
As persoas participantes falarán
sobre como conseguir que as organizacións
poidan continuar co seu traballo no futuro.
A isto chamámoslle
sostibilidade das organizacións.
A sustentabilidade inclúe temas como estes:
- A forma de tomar decisións.
- A aprendizaxe das organizacións.
- O coidado das persoas.
- O coidado dos equipos.
- A calidade do traballo.
- A innovación.
- A colaboración con outras organizacións.
- O uso responsable dos cartos.
Tamén se presentarán estudos de Plena inclusión
e da Universidade da Coruña.
Estes estudos axudarán a coñecer
a situación económica das organizacións.
A quen vai dirixida?
A xornada vai dirixida sobre todo
a persoas con responsabilidades nas organizacións.
Por exemplo:
- Persoas dos equipos de dirección.
- Persoas dos equipos de coordinación.
-Persoas que organizan e planifican.
- Persoas dos órganos de goberno.
- Persoas responsables de Recursos Humanos.
Podes consultar o programa da xornada
Podes realizar a túa inscrición aquí.

