VOCES 444
Datos Xerais:
Categoría: Comunicación
Publicado: 2020
Editorial: Plena inclusión España
Coordina: José L. Corretjé y Fermín Núñez
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Comunicación
Descrición:
Neste número de xaneiro levamos en portada unha entrevista con Teresa Cifuentes, membro do grupo de líderes de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de Plena inclusión, que participou a finais de 2019 nunha formación en Bruxelas sobre dereitos da muller e igualdade de xénero.
Tamén poderás ver un vídeo coa intervención do catedrático de Filosofía e exministro de Educación na celebración do 50 aniversario da revista ‘Século Cero’.
Non te perdas a entrevista con Sofía Reyes, experta no ámbito de Atención Temperá, vida en comunidade e Transformación de Plena inclusión, na que explica as vantaxes de participar en PlenaLab, o novo modelo de traballo en rede promovido por Plena inclusión.
Tamén levamos unha interesante reportaxe sobre proxéctoa audiovisual de Gil Gayarre Un reporteiro de VOCES narra a experiencia de ‘inmersión’ no traballo que as persoas con discapacidade intelectual desenvolven detrás as cámaras nesta entidade de Plena inclusión Madrid.
Nestas primeiro VOCES de 2020 estreamos un sección que se vai a chamar ‘O Poder das Persoas’, igual que a campaña que trata de promover o protagonismo e a opinión das persoas con discapacidade intelectual na súa vida, as entidades nas que están e a contorna social e comunitaria.
Se non o estás aínda, subscríbete! e decátate todos os meses do que pasa no movemento asociativo de Plena inclusión! E moitas cousas máis.

