Protocolos para a redución de prácticas restritivas nas organizacións de apoio a persoas con discapacidade intelectual e outras discapacidades do desenvolvemento

Datos Xerais:

Categoría: Xustiza

Publicado: 2026

Autoría: Laura Garrido e Inés Guerrero

Editorial: Plena inclusión España

Coordina: Plena inclusión España

Financiación: Ministerio de Derechos Sociales, consumo y agenda 2030. Fundación ONCE

Publicación para: profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Saúde

Descrición:

Este protocolo ten como finalidade ofrecer un marco común, claro e compartido para previr, reducir e, en último termo, eliminar o uso de prácticas restritivas nos apoios a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento no marco das entidades que forman parte de Plena inclusión, garantindo sempre o respecto aos seus dereitos, dignidade e benestar.

As prácticas restritivas -físicas, mecánicas, químicas ou doutro tipo (definidas no seguinte apartado)- supoñen unha limitación de dereitos fundamentais e xeran impactos negativos a nivel físico, emocional e relacional. Por iso, o seu uso só pode contemplarse de xeito excepcional, xustificada e temporal, e sempre dentro dun modelo de apoios centrado na persoa.

Este documento foi elaborado por Plena inclusión e a súa rede de Saúde Mental dentro do programa “Saúde Mental para todo/as” no marco da convocatoria de programas de interese xeral 0,7 IRPF do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 no ano 2025, e conta co apoio de financiamento de Fundación ONCE.