Posicionamento de Plena inclusión polo dereito á sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Datos Xerais:

Categoría: Sexualidade

Publicado: 2018

Editorial: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Saúde

Descrición:

Plena inclusión ten o compromiso
de acompañar e dar apoios
ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
e as súas familias para que desenvolvan os seus proxectos de vida.
Este compromiso está escrito na Misión de Plena inclusión
e no seu Plan Estratéxico número 5 de 2016 a 2020.
Atender, educar e dar apoio ás persoas
con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento,
é un tema de Calidade de Vida, de Saúde e de Dereitos.
A sexualidade é unha parte importante
da vida de todas as persoas.
Tamén para as persoas con discapacidade intelectual
e as persoas con máis necesidades de apoios.
As persoas necesitan:
•    
•    
•    
Coñecerse e aprender sobre o seu corpo,
os seus xenitais e a súa sexualidade.
Aceptarse como homes, mulleres, homosexuais,
bisexuais ou heterosexuais
e sentir que as demais persoas acéptanlles tal e como son.
Expresarse a gusto con intimidade
e as relacións privados,
sen sentir que as condutas sexuais son obrigatorias.
Por todo isto, Plena inclusión expón algunhas propostas básicas
para respectar as persoas e a súa contorna.