Menstruación e menopausa
Datos Xerais:
Categoría: Muller
Publicado: Marzo 2023
Autoría: Esteban Ferreiro García
Editorial: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Colaboran: Ilustraciones de Sara Prieto
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva , Saúde , Muller
Descrición:
Esta guía está pensada para mulleres
que queiran coñecer mellor
a menstruación e a menopausa.
Cando falamos de mulleres,
referímonos a todas as mulleres.
Tamén ás mulleres transexuais
e ás persoas
con identidade de xénero non binaria.
Esta guía tamén pode interesar
a todas as persoas
que queiran coñecer máis
sobre a menstruación e a menopausa.
A guía esta dividida en 2 partes.
Na primeira parte falamos da menstruación e na segunda da menopausa.