Guía de produtos de apoio

Datos Xerais:

Categoría: Lectura fácil

Publicado: Marzo 2023

Autoría: COTOGA

Colaboran: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Apoios , Saúde

Descrición:

Este documento é unha guía de produtos de apoio.

Os produtos de apoio son obxectos

que axudan ás persoas para realizar as actividades

da súa vida e ser máis independentes.


Por exemplo, unha cadeira de rodas é un produto de apoio.

Unha persoa que non pode camiñar

pode usar unha cadeira de rodas para moverse.


Desde o COTOGA escribimos esta guía

para dar a coñecer os produtos de apoio

ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.


Queremos axudar ás persoas con discapacidade intelectual

a ser máis independentes.


O COTOGA é o Colexio Oficial

de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia

é unha asociación de profesionais

que nos unimos para defender os nosos dereitos.