Europa para todos 2016 / 2

Datos Xerais:

Categoría: Boletíns

Publicado: 2017

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Comunicación

Descrición:

Nesta edición imos falar da nosa  
conferencia anual chamada “Europe in Action”. 
A conferencia foi moi ben e nós  
aprendemos moito. 
Lerás sobre as últimas reunións e novidades  
da Plataforma Europea de Autogestores. 
Contareiche sobre un curso en liña chamado Safe 
Surfing (Navegación Segura), que ensina ás 
persoas con discapacidade intelectual 
a navegar por Internet de forma segura. 
Ademais, lerás sobre o último proxecto de Mencap  
chamado “Sidekick”. 
Este proxecto xunta a alguén con discapacidade 
intelectual cun voluntario para pasasen tempo 
xuntos, e desa forma saír e facer cousas xuntos. 
Tamén lerás sobre Robert Martin. 
El é a primeira persoa con discapacidade  
intelectual en formar parte dun Comité das 
Nacións Unidas. 
Para rematar, contareiche sobre o proxecto 
“ENABLE Escocia”,  
que quere evitar que os nenos con discapacidade 
intelectual  sufran acoso no colexio.