Ensinar pode ser doado
Datos Xerais:
Categoría: Educación
Publicado: 2016
Editorial: Plena inclusión España
Lectura Fácil: Si
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Tema: Accesibilidade cognitiva , Educación
Descrición:
Para un profesor é importante preparar todos os materiais
que vai utilizar nas súas explicacións
para que sexan doados de ler e comprender para todos os
estudantes.
É aínda máis importante cando os estudantes son adultos,
porque estes adultos poden ter habilidades moi distintas.
Por exemplo, talvez algúns falen idiomas.
Ou talvez algúns estudaron hai tempo,
mentres que outros non estudaron tanto.
Ás veces, é posible que algún destes adultos
teña discapacidade intelectual.
Neste caso pode ser máis difícil para os profesores,
porque se cadra non saben como presentar a información
a persoas con discapacidade intelectual.
Inclusion Europe traballou con persoas con discapacidade
intelectual durante moitos anos.
Inclusion Europe publicou
varios libros e materiais informativos.
Por exemplo, “As regras europeas para facer información
doado de ler e comprender”.
Fixemos este escrito para axudar aos profesores
para facer os seus cursos máis doados de ler e comprender.
Isto é importante para as persoas con discapacidade intelectual,
pero tamén é importante para o resto dos alumnos.
Decidimos facer este escrito en lectura doado,
porque algúns profesores tamén poden ter discapacidade
intelectual.
Así tamén é máis doado de ler e comprender para eles.
Neste escrito dámosche algunhas ideas e exemplos.
Esperamos que estas ideas axuden aos profesores para preparar
cursos doados de ler e comprender.

