Ensinando a profesores de educación de adultos

Datos Xerais:

Categoría: Educación

Publicado: 2016

Editorial: Plena inclusión España

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Educación

Descrición:

É importante que os profesores preparen os seus documentos e presentacións 
de xeito accesible para os alumnos. 
É aínda máis importante cando os estudantes son adultos 
porque estes adultos poden ter habilidades moi distintas. 
Por exemplo, talvez algúns falen varios idiomas. 
Ou algúns estudaron antes, mentres que algúns non. 
Ás veces, algún destes adultos poida que teña discapacidade intelectual. 
Entón pode ser máis difícil para os profesores  
porque se cadra non saben como presentar a información 
a persoas con discapacidade intelectual. 
Este documento escribiuse para ensinar a profesores 
a facer documentos en lectura doado. 
Isto é importante para persoas con discapacidade intelectual 
pero tamén é importante para o resto dos alumnos.