Cóidate. Guía para axudar ás persoas con discapacidade intelectual a coidar da súa saúde

Datos Xerais:

Categoría: Saúde

Publicado: Marzo 2023

Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Saúde

Descrición:

Sentirnos ben e ter boa saúde 

é algo importante para todos. 

Temos boa saúde e estamos sans  

cando o noso corpo funciona ben 

e podemos realizar as actividades diarias sen problema.

Temos ganas de facer cousas 

e estamos máis contentos. 


A nosa saúde, depende moito de nós. 

Nesta guía atoparás algunhas ideas

para coidar a túa saúde 

e mellorar a túa calidade de vida.