Código de Bo goberno de Plena inclusión (versión Lectura Doado)

Datos Xerais:

Categoría: Protocolos internos

Publicado: 2019

Editorial: Plena inclusión España

Financiación: Fundación ONCE

Lectura Fácil: Si

Publicación para: persoas con discapacidade

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Asociacións

Descrición:

O Código de Bo goberno explica 4 principios 
que guían o goberno das organizacións 
de Plena inclusión. 
Os principios serven para garantir os intereses e dereitos 
das persoas e grupos que forman Plena inclusión. 
Sobre todo, das persoas con discapacidade intelectual 
ou do desenvolvemento e as súas familias. 
Ademais, o Código explica os compromisos 
que Plena inclusión acepta 
para cumprir e desenvolver os seus principios. 
Plena inclusión fixo o seu Código de Bo goberno 
en 2014, cando aínda se chamaba FEAPS. 
En 2015 cambiamos de nome 
porque reflexionamos sobre os nosos valores 
e sobre a imaxe que ofrecemos á sociedade. 
Agora actualizamos o Código de Bo goberno 
que se fixo en 2014 
para incluír esta reflexión 
e os intereses do Movemento Plena inclusión.