Respiro familiar

Atender a un familiar con discapacidade intelectual
pode ocuparnos gran cantidade de tempo.
En FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrecémosche un servizo
no que atendemos ao teu familiar con discapacidade intelectual
durante un tempo determinado.
Esto permíteche dedicarte tempo a ti,
para descansar ou para facer cousas
que que no día a día non fas
por falta de tempo.
EXISTEN DIFERENTES FORMAS DE RESPIRO FAMILIAR
- Estancias longas, medias ou de fin de semana.
Trátase de quendas de respiro familiar programadas.
Durante o ano organizamos diferentes quendas
en varias localidades galegas.
-
Estancias sen aloxamento.
Trátase dunha modalidade que ofrecemos
cando hai algunha actividade concreta
ou encontro organizado pola Federación
como por exemplo,
o Foro de irmáns ou as Xornadas de familias.
CONVOCATORIA DE 2026
o PROGRAMA do Servizo de Respiro Familiar 2026,
e a documentación necesaria
para realizar a inscrición:
- Formulario de solicitude de estancias grupais.
- Ficha de coñecemento persoal.
- Autorización para estancias grupais.

