Encontros de mulleres
Xuntas decidimos. Xuntas avanzamos!

Os grupos de mulleres de FADEMGA
xúntanse unha vez ao mes.
Reúnense en 4 cidades de Galicia:
- Santiago de Compostela.
- Lugo.
- Ourense.
- Pontevedra.
Estes encontros serven
para que as mulleres con discapacidade intelectual
teñan un espazo seguro onde falar,
aprender e axudarse.
Para que serven estes encontros?
Nestes encontros fálase de temas importantes,
como:
- Participar na sociedade.
- Conseguir igualdade entre mulleres e homes.
- Aprender a evitar situacións de abuso.
- Coñecer os seus dereitos.
- Ter máis confianza en si mesmas.
- Sentirse máis libres e capaces.
Tamén son momentos para:
- Contar experiencias.
- Facer novas amizades.
- Ir xuntas a actividades culturais ou de lecer.
Unha festa para todas
Unha vez ao ano todas as mulleres destes grupos
reúnense nun encontro moi especial.
Este gran encontro chámase
Encontro Autonómico de Mulleres.
É un lugar para falar, aprender e escoitarse.
Tamén para que todas as mulleres
poidan ser vistas e escoitadas.
Neste encontro:
- Reivindican os seus dereitos.
- Piden cousas importantes para a súa vida.
- Fan propostas para cambiar a sociedade.
- Comparten ideas e experiencias.
Este encontro axuda a conseguir unha Galicia
onde todas as mulleres,
tamén as mulleres con discapacidade intelectual,
sexan libres e poidan vivir como queiran.
Queres máis información sobre esta iniciativa?
Se estás interesada en coñecer máis
sobre este e outros proxectos,
escríbenos a través deste formulario.

