Servizo xurídico

O noso Servizo Xurídico informa e aconsella
ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias
nas dúbidas que podan ter en temas como
o patrimonio protexido, as herdanzas
ou mesmo sobre a Lei para o apoio ás persoas con discapacidade
no exercicio da súa capacidade xurídica.
TIPOS DE CHARLAS
Dentro deste servizo, a Federación ofrece varias modalidades:
- As charlas xurídicas:
Nestas charlas explicamos temas xurídicos de relevancia
dun xeito ameno e próximo
ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
Aquí podes descargar a ficha
para solicitar a charla xurídica.
- As consultas individuais:
Nestas consultas resolvemos dúbidas
das persoas con discapacidade intelectual
e das súas familias.
Aquí podes descargar a ficha
para solicitar a consulta individual.
- Charlas formativas.
Trátase de charlas para sensibilizar
e empoderar ás persoas con discapacidade intelectual
e ás súas familias
de cara a previr situacións de abuso e discriminación.
Tamén informamos ás persoas con discapacidade,
ás súas familias e aos profesionais de entidades
sobre o novo modelo de apoio á toma de decisións
e sobre a figura do facilitador procesual.
Nestas sesións as persoas formadoras
son profesionais da Federación
e persoas con discapacidade intelectual expertas
pola súa experiencia.
As asociacións interesadas nestas formacións
podedes contactarnos en areasocial@fademga.org
CONVOCATORIA DO SERVIZO XURÍDICO 2026
Nesta ligazón podes descargar toda a información sobre o Servizo xurídico.
Aquí podes descargar a ficha para solicitar a charla xurídica.
Aquí podes decargar a ficha para solicitar a túa consulta individual.

