Apoio familiar

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

organizamos actividades e servizos

que axuden ás familias no seu día a día.

Entre estas actividades destacan:

 

INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO


Todas as familias precisan de apoios

nalgún momento ou etapa da súa vida. 

En FADEMGA ofrecémosche información

e asesoramento sobre discapacidade intelectual,

apoios, axudas, centros e servizos,

prestacións e recursos sociais e educativos.

 

APOIO EMOCIONAL E ESPAZOS DE PARTICIPACIÓN


En FADEMGA fomentamos a creación

de grupos de apoio nas entidades federadas.

Os grupos de apoio están formados por familiares

que se reúnen para compartir experiencias e inquietudes

e que puntualmente poden recibir charlas de persoas expertas

en diferentes materias.

 

En FADEMGA contamos co noso propio grupo de irmás e irmáns,

que participa moito na organización de diferentes actividades.

 

CONCILIACIÓN


A conciliación permítenos compatibilizar

o espazo persoal, familiar e laboral

ao tempo que equilibramos os tempos da vida de cada persoa

segundo as súas obrigas, necesidades e prioridades.

 

En FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrecemos

un Servizo de Respiro Familiar,

que ofrece ás persoas coidadoras uns días para o descanso,

facéndonos cargo do coidado da persoa con discapacidade intelectual.

Podes atopar máis información aquí.  

 

FORMACIÓN


Acompañar ao teu familiar con discapacidade ao longo de toda a súa vida

pode requerir formación continua e coñecer novas habilidades. 

 

Na Federación ofrecémosche todo tipo de formacións,

charlas e obradoiros

que dan persoas expertas en diferentes temas,

como pode ser o autocoidado, as dúbidas legais,

a autodeterminación ou a ética e as emocións.

 

FONDO DOCUMENTAL


Promovemos a publicación de documentos de interese

para as familias, como por exemplo,

a Guía de benvida a familias.

Tamén temos unha biblioteca

con materiais e libros aos que poden acceder

os familiares interesados.

 

Asemade, contamos cunha biblioteca en lectura fácil

para que as familias, persoas con discapacidade intelectual

e entidades podan solicitar exemplares de préstamo. 

 

LEMBRA!

Podes solicitar máis información sobre estes servizos

chamándonos ao 981 51 96 50

ou escribindo un e-mail a familias@fademga.org