Xornada-presentación do "Instrumento de medición de impacto ambiental adaptado a entidades do terceiro sector".
A xornada terá lugar o martes 21 de xullo, de 12:00 a 14:00 horas.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
09-07-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
organiza unha xornada para presentar
unha ferramenta nova.
Esta ferramenta serve para medir o impacto ambiental
das entidades sociais.
O impacto ambiental é o efecto que ten a actividade dunha entidade
sobre o medio ambiente.
A xornada será:
Día: martes 21 de xullo de 2026
Hora: de 12:00 a 14:00 horas
Lugar: sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia,
en Santiago de Compostela.
Nesta xornada explicarase:
- Como se deseñou a ferramenta.
- Como funciona.
- Como poden usala as entidades.
- Que accións poden facer para mellorar.
- A ferramenta tamén inclúe un catálogo
con boas prácticas ambientais.
A xornada está dirixida
a persoas profesionais de entidades do terceiro sector
interesadas na sostibilidade ambiental.
A inscrición debe facerse
antes do 16 de xullo de 2026,
cubrindo este formulario.

