Xa temos relatos gañadores do 4º Certame de relato curto

O Certame recoñece o talento literario e pon en valor a lectura e a creatividade como ferramentas de inclusión

Xa temos relatos gañadores do 4º Certame de relato curto

FADEMGA Plena inclusión Galicia

xa ten os relatos gañadores

do seu certame de relato curto.

 

Este certame é un concurso de historias curtas.

Esta é a edición número 4.

FADEMGA fai este certame

para mostrar o talento

das persoas con discapacidade intelectual.

Tamén quere mostrar a súa imaxinación

e a súa creatividade.

 

PERSOAS GAÑADORAS

Na categoría individual: 

O 1º premio foi para Rita Ribeiro Durán, da entidade Aspavi.

O seu relato chámase O pequeno navegante.

 

O 2º premio foi para David Blanco Pumar,

tamén da entidade Aspavi.

O seu relato chámase Casa dos soños.

 

O accésit foi para Manuel Carballo Benito,

de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Un accésit é un recoñecemento especial.

O seu relato chámase Descubrindo a lectura fácil.

 

Na categoría grupal:

O premio da categoría grupal

foi para o Clube de Lectura Sanxe.

O seu relato chámase Onde viven os soños.

 

Dende FADEMGA queremos dar os parabéns

a todas as persoas gañadoras.

Grazas por encher este certame de historias,

soños e palabras con luz propia.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.