Xa podes anotarte no Encontro Autonómico de Familias 2026!
Unha xornada para escoitar ás familias, compartir experiencias e fortalecer a súa participación na vida asociativa.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
06-07-2026Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
abrimos a inscrición para participar
nun novo Encontro Autonómico de Familias.
Este ano o lema é: Con voz propia.
Isto quere dicir que queremos escoitar
ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
Queremos que poidan falar das cousas que lles importan
na súa vida diaria.
Cando será o encontro?
O encontro será o: sábado 19 de setembro de 2026
Onde será?
Será no Gran Hotel Los Abetos en Santiago de Compostela.
De que falaremos?
No encontro falaremos sobre:
- Como tomar decisións con boa información.
- Como mellorar a comunicación nas familias.
- Como poden participar máis as familias
nas asociacións e organizacións.
- Tamén falaremos do papel importante
que teñen as familias no apoio ás persoas con discapacidade intelectual.
Programa e inscrición
Nesta ligazón podedes descargar
e a información completa para facer a inscrición.
ESPERÁMOSVOS!
Actividade financiada a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF, da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, grazas ás persoas que marcan o recadro de Fins Sociais / X Solidaria na súa declaración da renda.

