Voltan os Encontros de Mulleres! Aberto o prazo de inscrición

Contribuíndo ao desenvolvemento persoal de cada muller!

Voltan os Encontros de Mulleres! Aberto o prazo de inscrición

O programa de Apoio a mulleres

con discapacidade intelectual

abre o prazo para participar

nunha nova edición dos Encontros de Mulleres.

 

Estos encontros son

un espazo pensado para compartir,

aprender e medrar xuntas.

 

Ao longo dos encontros trataremos

contidos relacionados co desenvolvemento persoal,

os dereitos, a autoestima,

a participación social e outros temas

que contribúen ao empoderamento das participantes.

 

Porque cando as mulleres se atopan,

pasan cousas importantes!

 

Onde e cando?

Comezo: mes de marzo.

Horario: de 11 da mañá a 1 do mediodía.

Periodicidade: encontros mensuais.

Lugares:

Santiago de Compostela (primeiro martes de cada mes)

Lugo (segundo martes de cada mes)

Pontevedra (terceiro martes de cada mes)

Ourense (cuarto martes de cada mes)

 

Cada grupo contará con 30 prazas (incluíndo profesionais de apoio, de ser preciso).

 

Cada grupo contará con 30 prazas

incluíndo profesionais de apoio,

de ser preciso.

 

Como inscribirse?

Se non participaches o ano pasado,

debes cubrir esta ficha de inscrición

e enviala a: areasocial@fademga.org

 

Se participaches en 2025,

só tes que enviar un correo

á mesma dirección

confirmando que queres continuar.

 

Último día para inscribirte: 25 de febreiro

O 27 de febreiro confirmaremos as prazas,

que se asignarán por orde de chegada

ata completar aforo.

 

Para máis información, podes escribirnos aquí

ou chamar ao 981 51 96 50.

 

*DESCARGA AQUÍ O CARTEL

E A INFORMACIÓN DOS ENCONTROS

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.