Viaxamos ao futuro dos apoios no Congreso organizado por Plena inclusión en Barcelona
Debatimos sobre a personalización e autodeterminación nos apoios neste encontro sobre innovación social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
29-11-2024FADEMGA Plena inclusión Galicia participou
no Congreso de Innovación Social organizado por Plena inclusión
os días 27, 28 e 29 de novembro de 2024.
Este encontro reuniu a organizacións, profesionais
e administracións públicas
para explorar novos modelos
que promovan unha vida plena e autónoma
para as persoas con discapacidade intelectual.
A nosa participación centrouse na mesa titulada
“Resultados e experiencias en primeira persoa
do prototipo de apoios autodirixidos”,
onde Pilar Villaverde e Eva Riguera
compartiron as experiencias e aprendizaxes
obtidos na implementación deste modelo en Galicia.
Con iniciativas como esta, FADEMGA Plena inclusión Galicia
aposta pola innovación e o traballo conxunto
con outras entidades e administracións
para seguir avanzando cara a un futuro inclusivo
onde os dereitos e as oportunidades
sexan unha realidade para todas as persoas con discapacidade.
Podes atopar máis información sobre o Congreso
no sitio web de Plena inclusión:
Viaxe ao futuro dos apoios

