Documentos importantes da Federación despois da Asemblea Xeral

Xa podes acceder ás memorias, plan de acción e compromisos éticos que guiarán o noso traballo no vindeiro ano.

Documentos importantes da Federación despois da Asemblea Xeral

Xa podes descargar

os documentos máis importantes

da nosa Federación.

 

Estes documentos serven para:

- Contar o que fixemos no último ano.

- Explicar que queremos facer no futuro.

- Mostrar o noso traballo de maneira clara e transparente. 

 

Documentos dispoñibles:

 

Memoria de Actividades 2024

Conta os proxectos, servizos,

campañas e logros do último ano.

 

Plan de Acción 2025

Explica os obxectivos e as tarefas

que queremos facer este ano.

 

Memoria Económica 2024

e Informe de Auditoría

Mostra os cartos que se usaron

e inclúe unha revisión externa

para comprobar que todo está correcto.

 

Tamén podes consultar e descargar estes documentos

na sección de transparencia da nosa web.

 

Documentos da Confederación Plena inclusión

Tamén podes ver os documentos

da Confederación Plena inclusión.

Estes documentos explican as ideas

e plans comúns de todas as entidades

do movemento asociativo.

Os documentos dispoñibles son:

- O Plan Estratéxico de Plena inclusión.

Conta os obxectivos principais da Confederación

para os vindeiros anos.

- Informe de seguimento

do Plan Estratéxico

Explica como se está cumprindo

ese plan.

 

Novo Código Ético de Plena inclusión

A Confederación Plena inclusión

cambiou o seu Código Ético.

 

O Código Ético é un documento

que di como deben actuar as entidades

para ser xustas e responsables.

Este novo texto:

- Defende os dereitos

das persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

- Escoita a súa voz

e recoñece que poden tomar decisións

sobre as súas vidas.

- Tamén serve para reflexionar

e mellorar o noso traballo.

 

Cada entidade pode adaptar o Código

á súa realidade,

pero sen cambiar a súa esencia.

Moi pronto publicarase o texto completo.

A Confederación pedirá ás entidades

que se sumen ao novo Código Ético.

 

Aquí podes ver unha resumo

sobre o novo Código Ético.

Fai un comentario

Protección de datos: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. Como responsable de tratamento, Fademga Plena inclusión Galicia, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidad.