Súmate ao proxecto “Navega o teu futuro” para mellorar as competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual
Un programa estatal que aposta pola formación dixital como ferramenta de inclusión
FADEMGA Plena inclusión Galicia
05-11-2025O proxecto Navega o teu futuro
nace para axudar ás persoas con discapacidade intelectual
a ser máis autónomas
e a participar máis na sociedade dixital.
Que é este proxecto?
É unha formación práctica
para seguir aprendendo cousas novas
nun mundo cada vez máis dixital.
Está pensada para persoas adultas
que xa remataron os seus estudos.
Como é a formación?
A formación ten dúas partes:
1. Formación online para profesionais
Será de decembro de 2025 a xuño de 2026.
As persoas profesionais recibirán materiais
e ideas para despois formar a outras persoas.
2. Formación presencial para persoas con discapacidade.
Esta parte será nas entidades.
As formacións serán feitas
polas persoas profesionais
que xa fixeron a formación online.
Cando comeza?
A primeira reunión será o 11 de decembro de 2025.
A primeira formación será o 15 de xaneiro de 2026.
Cada mes haberá un tema novo.
E faranse sesións prácticas cos grupos participantes.
Como participar?
As entidades interesadas
teñen que inscribirse antes do 7 de novembro.
Necesítase unha persoa profesional
que teña internet
e se comprometa a formar un grupo estable.
Por que participar?
Porque é unha oportunidade para seguir aprendendo
e mellorar a inclusión dixital.
En FADEMGA cremos que a tecnoloxía pode ser útil
e accesible para todas as persoas.

