Solicita praza no Servizo de Conciliación Familiar
As estancias ofrecerán un total de 28 prazas en Nigrán, Vila de Cruces, Pantón e O Grove. As solicitudes deberán presentarse cun mínimo de 20 días naturais de antelación.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
01-09-2026FADEMGA Plena inclusión Galicia
abre unha nova convocatoria
do Servizo de Conciliación Familiar.
Este servizo ofrece estadías con aloxamento e apoios.
As estadías serán en outubro e novembro
en diferentes lugares de Galicia.
Hai 4 estadías.
Cada estadía ten 7 prazas.
Cada estadía dura 3 días.
Para que serve este servizo?
Este servizo permite ás familias:
- Descansar.
- Atender outras responsabilidades.
- Recuperar forzas.
- Ter tempo para outras actividades.
Durante estes días, as persoas participantes
estarán acompañadas
e recibirán os apoios que necesiten.
Tamén poderán descansar e facer actividades.
Este servizo busca mellorar o benestar
de toda a familia.
Datas e lugares
Podes solicitar praza nunha destas 4 estadías:
- Nigrán. Do 9 ao 12 de outubro. Hotel A Queimada.
- Vila de Cruces. Do 22 ao 25 de outubro. Balneario Baños da Brea
- Pantón. Do 5 ao 8 de novembro. Balneario Augas Santas.
- O Grove Do 19 ao 22 de novembro. Hotel Spa Norat.
En todas as estadías a entrada será ás 18:00 horas. A saída será ás 17:00 horas.
Como podes solicitar unha praza?
Se queres solicitar unha praza,
debes enviar os documentos necesarios
a este correo electrónico: familias@fademga.org
Debes enviar os documentos
polo menos 20 días antes do comezo da estadía.
Se solicitas máis dunha estadía,
debes cubrir un formulario para cada estadía.
A cota do servizo é de 40 euros por día e por persoa.
Neste documento podes consultar e descargar
Tes algunha dúbida?
Podes escribir ao correo: familias@fademga.org
Tamén podes chamar ao teléfono: 981 51 96 50
O Servizo de Conciliación Familiar
de FADEMGA Plena inclusión Galicia
recibe apoio económico
da Consellería de Política Social e Igualdade
da Xunta de Galicia.

