Segunda edición do Laboratorio de Benestar

Un espazo para coidarte e coñecerte mellor

Segunda edición do Laboratorio de Benestar

Volvemos co Laboratorio de Benestar.

É a segunda edición.

Un espazo para parar,

escoitarte,

e descubrir como te sentes.

 

Este laboratorio é para ti

se queres entender mellor:

- Como te relacionas coas demais persoas.

- Como xestionas as emocións.

- Como resolves os conflitos.

Moitas persoas con discapacidade intelectual

teñen dificultades nestes temas.

Tamén poden ter ansiedade,

moito estrés

ou problemas de saúde mental.

Por iso creamos este laboratorio.

Queremos acompañarte

e ofrecerche ferramentas

para coidarte mellor.

 

Que imos facer?

Traballaremos con dúas técnicas

moi creativas:

- Teatro e interpretación,

para expresar o que sentimos sen medo,

a través dunha personaxe.

- Movemento e expresión corporal,

porque o corpo fala

e pode axudarnos a sentirnos mellor.

 

Información práctica

O laboratorio será os días

10, 17, 24 e 31 de outubro

Horario: de 10:30 a 12:00

Lugar: Casa das Asociacións de CABES

Rúa Manuel María, 6 – Salgueiriños.

Santiago de Compostela

 

Como participar?

Cubre a ficha de inscrición.

Envíaa a: areasocial@fademga.org

O prazo para apuntarte remata o 3 de outubro.

Confirmarémosche a praza despois desa data.

Se tes dúbidas, contacta con Pilar Villaverde

chamando ao 981 51 96 50.

 

Nesta ligazón podes descargar toda a información do laboratorio. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.